HORTAS URBANAS
Participación nas Hortas-Escola | Programación | Localización | Curso básico
A Concellería de Medio Ambiente activa o horario de inverno das Hortas-escola do Concello de Vigo a partir de 24 de setembro de 2024.
a) Horta Navia: martes 16-19, xoves 10-13 e sábado 10-13
b) Horta Fontáns: mércores 16-19, sábado 10-13
c) Horta Pedro Alvarado: xoves 16-19, sábado 10-13
d) Horta Sardomela (nivel I e II): martes 10-13 e venres 10-13
e) As hortas de Ramón Nieto e de Camelias manteñen o horario en función dos usuarios/as.
Cursos de hortas urbanas de 1º nivel: realizaranse os días 24, 25 e 26 de setembro. Ver FORMACIÓN
A Concellería de Medio Ambiente de Vigo implantou dende 2013 un programa de hortas-escola en distintos barrios da cidade: Camelias, Fontáns (Ramón Nieto), Pedro Alvarado (Teis), Navia e Sardomela (Cabral). A actividade desenvolta nestas hortas permite aos solicitantes participar no nivel I de hortas urbanas acadar os coñecementos básicos para autoxestionar unha horta e a súa posta en práctica co apoio contínuo de monitorado.
En 2016 púxose en funcionamento o nivel II das hortas urbanas, dirixido a aqueles/as participantes que cumpran a condición de ter participado no último ano nunha horta-escola (nivel I). As parcelas previstas serán aproximadamente de 20 m2 e poranse en funcionamento nunha nova horta en Ramón Nieto, reservada ata agora só a actividades de voluntariado de hortas, así como nunha parte da horta de Sardomela. Neste caso, o apoio do monitorado será esporádico.
No caso de haber máis solicitudes que parcelas dispoñibles, a Concellería de Medio Ambiente habilitará un mecanismo de asignación que contemplará criterios de asiduidade na participación ata o momento e dominio autónomo das técnicas manexadas no nivel I, e de ser preciso, sorteo entre candidatos/as con igualdade de puntos.
LOCALIZACIÓN DAS HORTAS-ESCOLA
FONTÁNS (RAMÓN NIETO) | PEDRO ALVARADO (TEIS) | NAVIA | SARDOMELA (CABRAL)
Horta-urbana de Fontáns (Ramón Nieto) (pinchar aquí para descargar)
Horta-urbana de Pedro Alvarado (Teis) (pinchar aquí para descargar)
Horta-urbana de Navia (pinchar aquí para descargar)
Horta urbana de Sardomela (pinchar aquí para descargar)
CURSO BÁSICO DE HORTAS URBANAS
PRESENTACIÓN | RESUMO DE CONTIDOS
PRESENTACIÓN CURSO BÁSICO
RESUMO DE CONTIDOS
Podedes visualizar un documento resumo do Curso básico de hortas urbanas celebrado en Vigozoo pinchando aqui. De seguido tendes algúns documentos que amplian os contidos deste resume:
1. Afirmacións do cultivo ecolóxico
2. Necesidades das hortalizas
3. Deseño da horta urbana
- Situación da horta urbana
- Cómo organizar a horta urbana
- Materiais de partida: semente, planta, substrato (pinchar aqui)
- Ferramentas
- Rotación dos cultivos
- Asociación entre cultivos
4. Preparación do solo e fertilización
- Laboreo
- Acolchado
- Fertilización
dahorta. Compostaxe e vermicompostaxe caseira.
5. Sementeira
e plantación
6. Outras
tarefas de mantemento- Asociación entre cultivos (pinchar aqui)
7. Descripción dos principais cultivos (pinchar aqui)
8. Pragas e enfermidades (pinchar aqui)
- Taboas de pragas e enfermidades
- Pragas máis frecuentes na horta
- Cadro de dilucións das plantas que curan plantas
- Elaboración dos preparados de plantas para tratamentos de plantas que curan plantas.
9. Tarefas da horta ao longo do ano (pinchar aqui)
Para calquera aclaración sobre os temas abordados, non dubidedes en preguntar aos monitores nas propias hortas.