IX ANDAINA POLOS MONTES DE VIGO
12 maio 2024 | Parque Forestal de Saiáns
O Concello de Vigo, a través da Concellería de Medio Ambiente, bota a andar a IX Andaina polos dos montes de Vigo, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa-Eroski. Terá lugar o domingo 12 de maio, pola mañá, sendo a base de operacións o Parque Forestal de Saiáns (localización Google Maps)
Inscrición no 010 (986810260 dende móbil): dende o luns 29 de abril ata o venres 10 de maio, as 13 horas. Tal e como se indica máis abaixo, será necesario apuntarse nunha das andainas previstas e que están adaptadas as características dos distintos públicos. Ademáis, haberá exposicións e actividades infantis. Está previsto que participe en torno a un milleiro de vigueses e viguesas.
O obxectivo que se persigue con este evento é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos máis destacados da cidade. Haberá ocasión de achegarse a algúns lugares singulares e contemplar unhas panorámicas únicas da cidade de Vigo.
A programación vai dirixida á poboación en xeral, cun apartado específico para público infantil. A modo de resume recóllese no cartaz do evento:
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________
Están previstas tres andainas con distinto grado de dificultade, para coñecer a realidade dos montes de Saiáns, Oia, Coruxo, Matamá, Comesaña e Valladares.
Tomarase como punto de partida o Parque Forestal de Saiáns.
1. ANDAINA LONGA 19,8 km (tramo vermello e azul): Parque Forestal de Pozos – Tránsito por Sendeiros locais de Matamá-Comesaña-Coruxo-Oia-Saiáns – Parque Forestal de Saiáns | dificultade alta
Características: pendente media 7,9% / -7,8% | pendente máxima 28,1%/-31,9% | desnivel 854m/-961m
Observacións: Atravesaranse algúns lugares singulares como o Miradoiro da Comunidade de Montes de Matamá, o Alto de Bandeira, o Castro Alto da Medoña e os Muíños de Estea.
2. ANDAINA MEDIA 8,4 km (tramo laranxa e azul): Parque Forestal de Saiáns – Tránsito por Sendeiros local de Oia – Parque Forestal de Oia – Tránsito por Sendeiro local de Saiáns - Parque Forestal de Saiáns | dificultade media
Características: pendente media 8,7% / -9,6% | pendente máxima 34,0%/-34,6% | desnivel 415m/-415m
Horario: Acollida en Parque Forestal de Saiáns (10:00) - Inicio Andaina (10:30)
Observacións: Atravesaranse algúns lugares singulares como o Alto de Bandeira, o Castro Alto da Medoña e os Muíños de Estea.
3. ANDAINA CURTA 5,2 km (azul): Parque Forestal de Saiáns – Parque Forestal de Oia – Tránsito por Sendeiro local de Saiáns - Parque Forestal de Saiáns | dificultade media-baixa
Horario: Acollida en Parque Forestal de Saiáns (11:00) - Inicio Andaina (11:30)
Recomendación: para todos os públicos e para familias con fillas e fillos maiores de 6 anos.
Observacións: Atravesaranse algúns lugares singulares como o Castro Alto da Medoña, os Muíños de Estea e os Piñeiros do Mundo.
Ao rematar as andainas entregarase un kit de peche (empanada, froita, bebida). Quen o estime oportuno poderá levar a comida e quedarse o resto do día a gozar do Parque forestal.
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________
Neste caso participarán as familias ao completo, adaptando as actividades ás idades dos menores.
4. Peque-ruta "O monte de Vigo na primavera": 2km aproximados
5. Xogos populares - Tiro con arco - Rastrexo.
Ao rematar as andainas nas que participen as familias, está prevista unha serie de actividades dirixidas aos máis cativos e cativas, como xogos populares, tiro con arco, rastrexo, etc. Actividades abertas para menores inscritos ata 12 anos.
Destinatarios: Familias con fillos menores ata 6 anos
Horario: Acollida en Parque Forestal de Saiáns (11:00) - Inicio Andaina (11:30)
Percorrido: entorno do Parque Forestal de Saiáns
Observacións: Conoceremos singularidades dos montes de Vigo en primavera.
Ao rematar as andainas nas que participen as familias, está prevista unha serie de actividades dirixidas aos máis cativos e cativas, como xogos populares, tiro con arco, rastrexo, etc. Actividades abertas para menores inscritos ata 12 anos.
Ao rematar as andainas entregarase un kit de peche (empanada, froita, bebida). Quen o estime oportuno poderá levar a comida e quedarse o resto do día a gozar do Parque forestal.
C) INSCRICIÓN E FUNCIONAMENTO DO EVENTO
Inscrición: Aqueles/as interesados en participar no IX Andaina polos montes de Vigo pódense inscribir ata o 10 de maioas 13 horas no 010 (986 81 02 60 dende móbil).
No caso de que o día 12 de maio haxa prazas dispoñibles, poderase facer inscrición no Parque Forestal de Saiáns ata media hora antes do inicio da actividade.
Lugar de encontro: Parque forestal de Saiáns (localización Google Maps)
Recollida de tarxeta de participación: previo ao inicio das actividades, as persoas inscritas recollerana na carpa de organización. A participación é gratuíta. No caso da Andaina que se inicia no Parque Forestal dos Pozos dará dereito ao acceso ao autobús lanzadeira ata o inicio de actividade. No resto de actividades será solicitada ao principio das mesmas.
Agasallo a participantes: kit de abastecemento e promocional cortesía de Vegalsa-Eroski, xunto con entrega de camiseta recordatoria. Entregaranse no momento de solicitude da tarxeta de participación.
Inicio de actividade: segundo horario previsto na programación que se atopa na web caminoacaminovigo.org, sendo preciso estar rexistrado media hora antes.
Recomendacións: Roupa cómoda e calzado axeitado para monte, hidratación constante, respecto ás indicacións da organización, coidado do entorno empregando os contenedores habilitados e respectando a flora e fauna que se atope.
Regulamento: A inscrición nas andainas leva asociado a aceptación do regulamento da andaina (ver abaixo) e desprazarse ata o Parque Forestal de Saiáns, tendo que realizarse o correspondente rexistro. O non cumprimento do regulamento pode supor a suspensión da participación.
Cada participante configurará o percorrido que máis lle interese segundo a planificación das andainas, asumindo que o percorrido estará marcado previamente e se realizará de xeito autónomo.
No punto de saída iniciaranse as andainas co acompañamento de persoal de organización que encabezarán os grupos e que se verán reforzados en diversos puntos críticos ou travesías por voluntarios/as das distintas comunidades de montes polas que se transitan.
Máis información: info@caminoacaminovigo.org | whatsapp 662 23 10 23 | caminoacaminovigo.org