Un ano máis o programa Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente visitará as Illas Cíes dentro da tempada de primavera 2025. Terá lugar durante os domingos 18 e 25 de maio e haberá unha oferta de 300 prazas.
O proceso de preinscrición e inscrición detállase a continuación e arranca o martes 22 de abril para a primeira quenda (18 maio) e o martes 29 de maio para a segunda quenda (25 maio)
PROCESO DE PREINSCRICIÓN E INSCRICIÓN:
Por motivo de que o acceso ás Illas Cies ten que realizarse de xeito personalizado para poder conseguir o acceso na Plataforma do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e dada a elevada afluencia turísitica que está tendo a illa de visitantes foráneos e grupos de actividade, a Concellería de Medio Ambiente abre o proceso de preinscrición para así poder garantir o acceso dos participantes á Illa.
- VISITA A CIES I: 18 de maio:
a) Preinscrición 22-23 de abril , a través do 010 (986810260 dende móbil) en horario de 8:00 a 20:00. Cómpre proporcionar Nome completo, nº DNI e Data de nacemento (datos obrigatorios para poder acceder á Illa), así como móbil para ter contacto.
b) Peche da inscrición: entre 23 e 25 de abril, en horario de 13:30 a 20 horas, na Naviera Mar de Ons (r/Cánovas del Castillo 26). Necesario levar DNI ou copia para comprobar identidades e datos. Os menores de 14 anos non é obrigatorio o DNI. No caso de non pechar a inscrición na data indicada, pérdese a praza e actívase o procedemento de chamada de reservas.
Neste momento proporcionarase o QR que habilita para poder retirar o billete de barco. Pago na naviera de 8,5 euros por persoa para obter o billete do barco.
Menores que non vaian acompañados polos seus proxenitores teñen que asinar a seguinte autorización por parte destes (PREMER AQUI AUTORIZACIÓN)
Importante: no caso de perda do billete de barco non é posible acceder a este e polo tanto non se pode visitar á illa.
Participantes en Visita de Camiño a Camiño 2024 |
a) Preinscrición 29-30 de abril, a través do 010 (986810260 dende móbil) en horario de 8:00 a 20:00. Cómpre proporcionar Nome completo, nº DNI e Data de nacemento (datos obrigatorios para poder acceder á Illa), así como móbil para ter contacto.
b) Peche da inscrición: entre 30 abril e 2 de maio, en horario de 13:30 a 20 horas, na Naviera Mar de Ons (r/Cánovas del Castillo 26). Necesario levar DNI ou copia para comprobar identidades e datos. Os menores de 14 anos non é obrigatorio o DNI. No caso de non pechar a inscrición na data indicada, pérdese a praza e actívase o procedemento de chamada de reservas.
Neste momento proporcionarase o QR que habilita para poder retirar o billete de barco. Pago na naviera de 8,5 euros por persoa para obter o billete do barco.
Menores que non vaian acompañados polos seus proxenitores teñen que asinar a seguinte autorización por parte destes (PREMER AQUI AUTORIZACIÓN)
Importante: no caso de perda do billete de barco non é posible acceder a este e polo tanto non se pode visitar á illa.