Camiño a Camiño achegarase á raia húmida en Salvaterra (27/4/25)

Percorrido por Salvaterra do Miño e Río Tea dentro da serie a carón do Río Miño do programa Camiño a Camiño de Primavera 2025, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo.

Achegarémonos á raia húmeda entre Galicia e Portugal, con vistas dende Salvaterra a Monçao, e circulando polo último dos grandes afluentes do Miño: o Río Tea, que nace na Serra do Suído. Estamos en zona de protección de Rede Natura 2000 e polo tanto nun chamativo espazo medioambiental con atractivos curiosos como a Fortaleza, os Areais de Mendo ou as estacadas para a pesca da lamprea (ver VIDEO). 

Vistas do Río Miño en Frieira

INSCRICIÓN (gratuíta)

- Dende luns 21 de abril, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.

Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda que se abre o mércores pola mañá, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.

No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org  para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.

RUTA 4 de Camiño a Camiño Primavera 2025: 

Río Miño 3: Río Tea - Salvaterra de Miño

✔ Domingo 27 de abril, xornada de mañá

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora de finalización 14:00-14:30 (aprox)

🏃 Distancia: 11 km | Dificultade media-baixa (atendendo ao público de Camiño a Camiño)

Nota: Dado que estamos en Rede Natura 2000 a autorización dispoñible por parte de Patrimonio Natural é para facer o percorrido en grupos de 50 persoas cada un, co que se realizarán tres percorridos distintos.

👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva), así como auga para hidratarse en ruta e tentempé para media mañá.

🗾 Trazado e alzado: 




Nombre

Avisos,9,Fotos,98,Novas,239,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2025: Camiño a Camiño achegarase á raia húmida en Salvaterra (27/4/25)
Camiño a Camiño achegarase á raia húmida en Salvaterra (27/4/25)
Ruta polo Río Miño - Salvaterra de Miño e Río Tea. Camiño a Camiño, programa de educación medioambiental.
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgFt89w1NjZYF-lmXV1UhCZ_dt_Y6RotPRDcalDtNmTUu65F1gy2JPjEvhAkH_nWymUyoBpaco0Io0dMVhCvxJ3_E7J5qd7ix9ehFHmLtMfepUZFh_BQBVcSNhT1lRtj24XEu8ZDiQIjYtqmSYqgVFkpjT04yWUBjqtOeW_zL_IECxda6Kd2szvHZ5tcMry/w640-h426/2025-04-13%20FS213a%20Frieira-25.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgFt89w1NjZYF-lmXV1UhCZ_dt_Y6RotPRDcalDtNmTUu65F1gy2JPjEvhAkH_nWymUyoBpaco0Io0dMVhCvxJ3_E7J5qd7ix9ehFHmLtMfepUZFh_BQBVcSNhT1lRtj24XEu8ZDiQIjYtqmSYqgVFkpjT04yWUBjqtOeW_zL_IECxda6Kd2szvHZ5tcMry/s72-w640-c-h426/2025-04-13%20FS213a%20Frieira-25.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2025
https://www.caminoacaminovigo.org/2025/04/rio-minho-3-salvaterra.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2025/04/rio-minho-3-salvaterra.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar