O voluntariado de paseos e acompañamento de cans iníciase a mediados de febreiro con novos horarios e formación

 A Concellería de Medio Ambiente e o Centro Municipal de Protección Animal de A Madroa (Refuxio de A Madroa) bota a andar dende o 15 de febreiro o programa de voluntariado de paseos e acompañamento de cans, dándolle continuidade a actividade que se leva facendo dende o ano 2018.

Horarios de actividade:

Nesta edición de 2025 está previsto que os paseos que se realicen polo entorno do Sendeiro Local de Candeán en horario ampliado, agás días festivos:

- Mércores, de 9:30 a 12:30

- Sábados de 9:00 a 11:00 (novo horario)

Ver NORMATIVA de funcionamento da actividade

Asemade, para as persoas que teñan feito o Curso de Iniciación ao Voluntariado Medioambiental e asinado o acordo de voluntariado a partir de 2024 establecerase un sistema de participación rotativo de forma que o voluntariado participante defina as súas preferencias de horario e se conformen grupos en función da dispoñibilidade de cans para pasear que defina o Refuxio de A Madroa. Para inscribirse nalgún dos horarios habilítase o seguinte FORMULARIO.

Nota: Voluntariado previo a 2024 que xa participara no programa durante a edición anterior poderá actualizar o Acordo de voluntariado no Curso que se indica abaixo ou o primeiro día que se inscriban no formulario (necesario levar copia de DNI polos dous lados). Neste último caso, non seleccionar o apartado de ter o acordo actualizado.

Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental específico.

Por outra banda, dada a elevada demanda existente de participación, está previsto realizar un Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental específico. No curso abordarase a formación xeral de voluntariado ambiental e contidos específicos do voluntariado de paseo e acompañamento de cans. 

O requisito para participar neste curso é estar empadroado/a en Vigo e ser maior de idade, así como levar unha copia do DNI polos dous lados para entregar á Oficina de Voluntariado do Concello de Vigo xunto co Acordo de voluntariado que se asine. Asemade, neste curso actualizaran o acordo de voluntariado aquelas persoas que o teñan asinado previamente a 2024.

Inscrición do Curso: realizase a través do 010 (986810260 dende móbil) ata o martes 18 de febreiro.

Data e horario do Curso: mércores 19 de febreiro, de 16:30 a 18:30, nas instalacións de Vigo Nature (antiguo Vigozoo). 

Nota: para persoas interesadas e que non poidan participar neste curso que teñan en conta que na programación de Camiño a Camiño de Primavera 2025 está previsto outro curso para todos os programas de voluntariado o mércores 26 de marzo, co mesmo horario e localización.

Nombre

Avisos,8,Fotos,95,Novas,230,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: O voluntariado de paseos e acompañamento de cans iníciase a mediados de febreiro con novos horarios e formación
O voluntariado de paseos e acompañamento de cans iníciase a mediados de febreiro con novos horarios e formación
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh1nc0JssaotrKUPD73XHb1vWe3FTfyZMGrlLxXLRLsnoBWe4xsgEaUxJQSDG1uUn_dfMVYc5ZgaiIsrcFFhPRHR6dh7fKHqWRp6YWs97ruqOd-UUoB0WSGZuqxWusH7dw2ikrDnaLYQh1QaVoiuD1Ov08cYidhZ1TfQzs-g0jTrCIp9iEx9u8jF8twNHzY/w640-h296/Voluntariado%20de%20cans.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh1nc0JssaotrKUPD73XHb1vWe3FTfyZMGrlLxXLRLsnoBWe4xsgEaUxJQSDG1uUn_dfMVYc5ZgaiIsrcFFhPRHR6dh7fKHqWRp6YWs97ruqOd-UUoB0WSGZuqxWusH7dw2ikrDnaLYQh1QaVoiuD1Ov08cYidhZ1TfQzs-g0jTrCIp9iEx9u8jF8twNHzY/s72-w640-c-h296/Voluntariado%20de%20cans.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2025/02/o-voluntariado-de-paseos-e.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2025/02/o-voluntariado-de-paseos-e.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar