NORMATIVA DE FUNCIONAMENTO DO VOLUNTARIADO DE PASEOS E ACOMPAÑAMENTO DE CANS
Este
documento informa ao voluntariado que colabora co Centro de Recollida de
Animais Abandoados de A Madroa dependente da Concellería de Medio Ambiente de
Vigo das normas básicas a seguir durante a actividade:
• A cada
persoa voluntaria asignarase un can e non poden ser intercambiados entre
voluntarios. Recolleranse e entregaranse na porta do centro de forma ordenada,
sempre seguindo as indicacións dos traballadores no momento da entrega.
• Non se
poderán facer fotografías nin vídeos dos cans durante a actividade.
• Dado
que algúns animais teñen necesidades especiais de alimentación, os voluntarios
non poderán ofrecer comida/snack a ningún can.
• Cada
can estará acompañado por un só voluntario, non podendo participar na
actividade outros familiares/acompañantes.
• O paseo
debe realizarse en grupo, en ningún momento os voluntarios poden abandonar o
percorrido establecido polo monitor durante toda a duración da actividade. Para
respectar o horario do centro, cómpre ser puntuais tanto ao comezo como ao
remate da actividade.
•
Deberanse recoller as feces dos cans, o centro facilitará aos voluntarios
bolsas para tal fin.
• Cada can
será entregado con colar e correa e non se poderán facer cambios por parte dos
voluntarios. Prohíbese o uso de arneses e correas extensibles, así como deixar
soltos aos animais durante o paseo.