Nesta edición de Camiño a Camiño de Outono 2024 a Concellería de Medio Ambiente incorpora unha nova serie de Actividades familiares de Vida Saudable nos Sendeiros Locais de Vigo. O obxectivo é que familias con menores se acheguen aos montes de Vigo e combinen actividade física con coñecemento do medio natural.
Dado que a climatoloxía foi adversa nas datas previstas, vanse recuperar dous dos Paseos non realizados segundo estas datas:
- sábado 26 outubro, tarde en Sendeiro Local de Zamáns. Ver detalle abaixo.
- sábado 2 de novembro, tarde en Sendeiro Local de Candeán. Máis detalle a partir do 28 de outubro
Participantes no Paseo de Beade |
PASEO A CARÓN DO SENDEIRO LOCAL DE ZÁMÁNS (sábado 26 outubro, tarde)
A primeira das actividades realizarase no Sendeiro Local de Zamáns o vindeiro sábado 26 de outubro, as 16:30. O punto de encontro é o Parque Forestal de Zamáns (ver GOOGLE MAPS).
Proceso de inscrición para unidades familiares con menores de idade:
👀 Dende luns 21 de outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
👉 No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
Percorrido:
O percorrido previsto adaptarase aos participantes e consistirá en achegarse á Fervenza da Freixa e a antiga Canteira de Villaverde. Logo, poderase seguir polo sendeiro local ata o Encoro de Zamáns (7,6km, dificultade media-baixa) ou volver ao punto de orixe (5,5km).