Nesta edición de Camiño a Camiño de Outono 2024 a Concellería de Medio Ambiente incorpora unha nova serie de Actividades familiares de Vida Saudable nos Sendeiros Locais de Vigo. O obxectivo é que familias con menores se acheguen aos montes de Vigo e combinen actividade física con coñecemento do medio natural.
Lagoa dos Seixos |
Dado que a climatoloxía foi adversa nas datas previstas, vaise recuperar un dos Paseos non realizados:
PASEO A CARÓN DO SENDEIRO LOCAL DE CANDEÁN (sábado 2 novembro, 16:30)
O punto de encontro é o Parque Forestal de Vixiador (ver GOOGLE MAPS).
Proceso de inscrición para unidades familiares con menores de idade:
👀 Dende luns 28 de outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
Percorrido:
O percorrido previsto adaptarase aos participantes e consistirá en realizar unha parte do Sendeiro Local de Candeán, saíndo do Parque Forestal de Vixiador para adentrarse nalgunhas das curiosidades naturais e arqueolóxicas polas que circula o sendeiro. Non se realizará todo, e adaptarase ao perfil das familias participantes cunha extensión de arredor 3 ou 4 km.