A terceira etapa da programación de Camiño a Camiño de Outono'24 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, está previsto que se achegue a Zona de especial conservación de Monte Pindo, en Carnota, e terá lugar o domingo 13 de outubro en sesión de día completo.
RUTA "ZONA DE ESPECIAL CONSERVACIÓN DE MONTE PINDO" (CARNOTA) (13 outubro, gratuíta)
Proceso de inscrición:
👀 Dende luns 7 de outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
🏃 Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.
👉 No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
Detalles da ruta:
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30, para saír as 9:00. Hora finalización 20:00-20:30 (aprox)
👉 Avisos:
- Parada de servizo na área de descanso no viaxe de ída
- Xantar no entorno da Fervenza do Ézaro.
🗾 Trazado:
🏃 Distancia, desnivel e dificultade dos percorridos según público de Camiño a Camiño:
. Percorrido curto: 8 km; Incremento/Perda elevación: 238m, -272m; Pendente media: 5,8%, -6,1%. Dificultade media-baixa
Nota: Ao finalizar o percorrido da mañá, o autobús desprazará aos participantes ata o lugar de xantar nas proximidades da Fervenza do Ézaro.
. Percorrido longo: 9,6 km; Incremento/Perda elevación: 360m, -373m; Pendente media: 8,1%, -6,5%; Dificultade media-alta
Nota: Ao finalizar o percorrido da mañá, o autobús desprazará aos participantes ata o lugar de xantar nas proximidades da Fervenza do Ézaro.