O Programa de Educación Medioambiental "Camiño a Camiño" de Outono 2024 foi presentado polo Alcalde, Abel Caballero, e pola Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, dando a coñecer os percorridos medioambientais previstos para esta tempada, así como as actividades de hortas urbanas e voluntariado medioambiental.
O acto coincidiu coa sinatura de convenio de colaboración con Vegalsa-Eroski, que nesta ocasión contou coa presenza do Director Xeral, José Manuel Ferrero, e do Presidente, Joaquín González. Trátase dunha colaboración que leva aberta dende hai 12 anos e na que se pon de manifesto a aposta polo ocio verde, o cal quedará de manifesto na colaboración económica e na difusión da campaña na rede de supermercados de Vigo.
A primeira ruta, que será de día completo, terá lugar o domingo 29 de setembro coa visita ao Pregamento de Campodola (Quiroga), un fenómeno xeolóxico particular (máis información neste blog próximamente). O proceso de inscrición arrancará o luns 23 de setembro a través do 010 (986810260 dende móbil), habilitándose un total de 150 prazas.
As actividades familiares polos sendeiros locais de Vigo arrancan o sábado 5 de outubro, pola tarde, paseando polo sendeiro local de Zamáns.
Máis info no apartado RUTAS deste blog.
Participantes na Horta de Teis acompañados da Concelleira de Medio Ambiente
HORTAS URBANAS E VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL
As hortas urbanas proseguirán a súa actividade habitual en horario de inverno (de 10 a 13 horas polas mañás e de 16 a 19 horas polas tardes) en Navia, Fontáns, Pedro Alvarado, Sardomela, Ramón Nieto e Camelias. Para poder participar nas mesmas é preciso realizar o curso básico de hortas urbanas que terán lugar entre o 24 e 26 de setembro. As persoas interesadas no citado curso poden consultar no 010. Máis info no apartado HORTAS URBANAS deste blog.
Tamén seguen as actividades de voluntariado medioambiental no Monte da Guía, nos sendeiros locais ou na caneira municipal (máis info no apartado VOLUNTARIADO deste blog). Para poder participar é preciso realizar o curso de iniciación ao voluntariado medioambiental previsto para o mércores 2 de outubro, as 16:30, en Vigo Nature (máis info no apartado FORMACIÓN deste blog)
As inscricións para todas estas actividades pódense facer no 010 (986 810 260 dende móbil) dende o 19 de setembro.
As inscricións para todas estas actividades pódense facer no 010 (986 810 260 dende móbil) dende o 19 de setembro.