A visita ás Illas Cíes de Camiño a Camiño deste domingo 26 de maio estivo acompañada dunha climatoloxía ideal para comprobar de preto os valores naturais dun espazo singular e en particular as características xeolóxicas, que fan que o Concello de Vigo faga a solicitude de Xeoparque á Unesco.
Tal e como se pode contemplar na reportaxe fotográfica (PREMER) as persoas inscritas na visita puideron realizar as catro rutas previstas na illa e achegarse tanto a lugares emblemáticos como a panorámicas para non esquecer. Unha mostra de seguido: