A tempada de percorridos polos ríos da provincia de Pontevedra rematou co curso baixo do río Lagares vindo dende Bouzas. Esta actividade está enmarcada no programa Camiño a Camiño de Primavera'24 da Concellería de Medio Ambiente de Vigo.
O percorrido partiu de Bouzas cunha perspectiva de choiva permanente, anque finalmente houbo algún respiro. Deu moito xogo para gozar dun percorrido intenso en detalles e imaxes insólitas dos areais e do curso baixo do Lagares, como se pode ver nas imaxes recollidas no ALBUM FOTOGRÁFICO do que se resumen algunhas das instantáneas.
Citar antes o programa "Jardines con historia" de TVE adicado ao Parque Pazo de Quiñones de León (ver ENLACE)