O programa "Camiño a Camiño" da Concellería de Medio Ambiente de Vigo ten previsto dúas visitas ás Illas Cies durante o mes de maio de 2024: o domingo 19 e o domingo 26.
A temática a abordar nesta edición é "Obxectivo Xeoparque Unesco para as Illas Cíes". O obxectivo é afondar na orixe das illas conectada coa conformación da Ría de Vigo -por esta dimensión xeolóxica particular estase a solicitar a consideración de Xeoparque na Unesco- e coñecer os seus valores medioambientais que fai que sexa Parque Nacional. Tamén se darán a coñecer curiosidades da súa historia máis recente.
- Control de asistencia Camiño a Camiño e elección de ruta da mañá: 8:00, na Estación Marítima (ter presente que somos 300 e que precisamos facer a inscrición interna e facer os grupos de visita).
- Embarque: 9:00. Lembrar levar o billete do barco co QR de acceso ao Parque e DNI. No caso de perda do billete do barco non se poderá embarcar.
- Ruta de mañá: 10:30 - 13:30/14:00. Distribúese en 4 grupos de visita (ver plano abaixo). Nesta ocasión a Ruta 2 está prevista para familias.
- Ruta de tarde (opcional, 15:45): faranse só as Rutas 2 (saída dende Camping) e 3 (saída dende Caseta de Información do Parque). Na Ruta 2 abordaranse temas xeolóxicos máis detallados.
- Embarque de volta: 20:00. Por seguridade recoméndase estar no peirao as 19:30.
Normativa e Información das visitas ás Illas Cíes: ver PDF ADXUNTO
Recomendacións: levar auga suficiente para todo o día, gorra ou similar, roupa de abrigo e crema solar de protección alta.
Máis info de Camiño a Camiño para a visita ás Illas Cíes: AQUI (recursos sobre xeoloxía de Cies, fotografías históricas, guía xeolóxica do Parque Nacional, Historia das Illas Cíes, etc)