A celebración da IX Andaina polos Montes de Vigo, organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo, permitiu que 750 participantes circularan polos sendeiros locais de Valladares, Matamá, Comesaña, Coruxo, Oia e Saiáns, nas distintas andainas programadas. Ver Reportaxe fotográfica AQUI
|
Participantes na Andaina media, coa Concelleira de Medio Ambiente |
Ao inicio a Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, deu a benvida aos participantes no Parque Forestal de Saiáns e invitou aos asistentes a gozar dos espazos naturais que nos brindan os montes de Vigo.
Na presentación dos percorridos tamén estivo presente o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González que propuxo aos participantes coñecer de preto os valores medioambientais, patrimonitais e paixasísticos que habitualmente se atopan en calquera comunidade de montes que circunda Vigo e, neste caso, as que van dende Valladares ata Saiáns. Particularmente sinalou os 40 anos que celebraba o Parque Forestal de Saiáns, sendo unha mostra do lento traballo en pasar de monocultivos a un monte protector e de uso social.
|
Participantes na Andaina curta e na Pequerruta |
Ao longo da mañá puxéronse de manifesto os servizos ecosistémicos que proporcionan os montes de Vigo á cidade, particularmente os servizos recreativos -con parques forestais, sendeiros, espazos de interpretación etnoarquelóxica, etc-, a provisión hídrica -cos regatos, cos mananciais, coas minas, etc- e a captación de CO2 que se produce tanto nos montes productivos como nos montes protectores que se distribúen polos montes de Vigo.
|
Pequerruta na Fraga de Cal de Outeiro da C.M. Saiáns
|
|
Andaina longa pasando pola Lagoa de Maruxento da C.M. de Matamá |
|
Interpretación das distintas funcións do monte de Vigo na C.M. de Oia |
|
Vistas panorámicas no Alto da Bandeira na C.M.Saiáns |
A climatoloxía acompañou para facer as catro andainas previstas con distintas distancias -entre 2 e 20km- e con diversos niveis de dificultade -baixa, media, alta e moi alta-. Entre os participantes había dende cativos de corta idade ata persoas de máis de oitenta anos, póndose de manifesto que o exercicio físico no monte é apto para todas as idades e todas as intensidades. Engadíronse ao grupo os membros da asociación Discamino na Andaina Media.
|
Os participantes de Discamino na Andaina media |
|
Un momento de intensidade na Andaina |
Os xogos familiares completaron a IX Andaina polos Montes de Vigo no que participaron máis de 200 persoas con cativas e cativos de distintas idades.
|
Espazo Multiaventura no Parque Forestal de Saiáns
|