A cuareta etapa a carón do Río Verdugo dentro da programación de Camiño a Camiño de primavera'24 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, está prevista para o domingo 14 de abril. Con ela arrancamos cunha serie de percorridos medioambientais polo ríos da provincia de Pontevedra
Organizaranse tres grupos de ata 50 persoas, que se desprazarán autónomamente na ruta e con distintas distancias e horarios, que se configurarán a partir das 8:30 horas na Praza do Rei. Os percorridos terán distinta dificultade en función da combinación de distancia e desnivel a abordar e convén escoller aquel que se adecúe máis ao perfil de cada quen.
INSCRICIÓN (gratuíta)
- Dende luns 8 de abril, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
RUTA RÍO VERDUGO E ENTORNO DO CASTELO DE SOUTOMAIOR
✔ Domingo 14 de abril
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada (3 grupos de ata 50 persoas): 8:30. Hora de saída a medida que se enchan os autobuses. Hora finalización 14:00-15:00 (aprox)
👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva)
🗾 Trazado:
🏃 Distancia, desnivel e dificultade dos percorridos según público de Camiño a Camiño:
. Saída 1 (Amoedo - Castelo Soutomaior - Porto Arcade): 14,2 km; Dificultade alta
. Saída 2 (Porto Arcade - Castelo Soutomaior): 8,1 km; Dificultade media-alta (en subida)