A segunda etapa da Ruta da Auga programada no Camiño a Camiño de primavera'24 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, está prevista para o domingo 24 de marzo, coa primavera iniciando a súa propia andaina.
Ao igual que na etapa anterior, organizaremos en tres grupos de ata 50 persoas, que se desprazarán autónomamente na ruta e con distintas distancias e horarios, que se configurarán a partir das 8:30 horas na Praza do Rei. Como se indicará máis abaixo, os percorridos terán distinta dificultade en función da combinación de distancia e desnivel a abordar e convén escoller aquel que se adecúe máis ao perfil de cada quen.
INSCRICIÓN (gratuíta)
- Dende luns 18 de marzo, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
RUTA DA AUGA. ETAPA II: REDONDELA - PAZOS DE BORBÉN
✔ Domingo 24 de marzo
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada (3 grupos de ata 50 persoas): 8:30. Hora de saída a medida que se enchan os autobuses. Hora finalización 14:00-15:00 (aprox)
👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva)
🗾 Trazado:
🏃 Distancia, desnivel e dificultade dos percorridos según público de Camiño a Camiño:
. Saída 1 (Os Valos - Pazos de Borbén): 13,4 km; Dificultade alta
. Saída 2 (Quintea-Redondela - Pazos de Borbén): 8,4 km; Dificultade media-alta