Arranca o Camiño a Camiño de Primavera'24 co reto de realizar a Ruta da Auga dende Vigo ao encoro de Eiras en tres etapas. Nesta primeira etapa cubrimos o tramo Vigo - Parque Forestal de Chan das Pipas en Redondela.
No arranque da etapa estivo presente Nuria Rodríguez, a Concelleira de Medio Ambiente, que presentou a edición de primavera 2024 coas súas 10 actividades de fin de semana, así como coas actividades de hortas urbanas e de voluntariado. Tamén informou dos cambios na organización derivados da necesidade de darlle cumprimento á normativa vixente nas actividades na natureza.
Nesta etapa, os tres grupos configurados realizaron distintos tramos da Ruta da Auga, e comprobaron en directo como se achega a primavera e a abundante auga que neste ato está presente. Entre todos e todas, e particularmente os participantes máis cativos, tiveron ocasión de entender os distintos métodos de subministro de auga a Vigo e da importancia de adquirir unha cultura de uso responsable da mesma pensando nos episodios de sequía que xa levamos vivido e que noutros territorios están a vivir.
Ver ALBUM FOTOGRÁFICO.