O 17 de marzo bota a andar a programación de Camiño a Camiño para a primavera 2024 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, que ten previsto actividade ata o 26 de maio.
Imaxe da Ruta da Auga nunha edición pasada de Camiño a Camiño
Nesta edición o reto é percorrer a Ruta ou Senda da Auga en tres etapas, dende Vigo ao Encoro de Eiras. Posteriormente achegarémonos ás concas dos principais ríos que desembocan nas Rías Baixas: Verdugo, Lérez, Ulla, para rematar o día da nai no Lagares. Ao mesmo tempo coñeceremos lugares singulares, cunha riqueza natural e paisaxística destacada, sempre asociados a entornos de pazos e castelos sobranceiros. Toda a programación AQUÍ.
Na primeira etapa da Senda da Auga a celebrar o 17 de marzo circularemos no tramo Vigo a Redondela, particularmente ata o Parque Forestal de Chan das Pipas en Saxamonde.
Dada a nova normativa que entrou en vigor para a realización de actividades na natureza, organizaremos tres grupos de ata 50 persoas, que se desprazarán autónomamente na ruta e con distintas distancias e horarios que se organizarán a partir das 8:30 horas.
INSCRICIÓN (gratuíta)
- Dende luns 11 de marzo, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
RUTA DA AUGA. ETAPA I: VIGO - REDONDELA
✔ Domingo 17 de marzo
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada (3 grupos de ata 50 persoas): 8:30. Hora de saída a medida que se enchan os autobuses. Hora finalización 14:00-15:00 (aprox)
🏃 Distancia e dificultade dos percorridos según público de camiño a camiño: Saída 1 (14,0 km; Dificultade media-alta); Saída 2 (10 km; Dificultade media); Saída 3 (6,7 km; Dificultade baixa)
👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva)
🗾 Trazado: