O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá en rolda de prensa a tempada de primavera 2024 do Programa de Educación Medioambiental "Camiño a Camiño" na que está prevista unha participación de 3.500 usuarios e usuarias e na que se combinan actividades de educación ambiental con experiencias de intercambio e socialización. Máis información no Xornal do Concello de Vigo (premer AQUI).
No acto estivo presente Gabriela González, Directora de Responsabilidad Social y Comunicación de Vegalsa-Eroski, que colabora co programa dende hai máis dunha década. Manifestou o compromiso que a entidade que representa ten co ocio verde, o cal se plasma ano tras ano no apoio económico e na difusión da campaña na rede de supermercados de Vigo.
Nesta edición están previstos percorridos medioambientais, actividade nas hortas urbanas e diversas actividades de voluntariado, segundo se recolle na programación máis abaixo. Tamén están previstas accións formativas relacionadas coas hortas urbanas e co voluntariado
Dende o luns 11 de marzo poden realizarse no 010 (986810260 dende móbil) as inscricións ao primeiro percorrido medioambiental a celebrar o día 17 e que percorrerá o primeiro tramo da senda da auga dende Vigo.
As hortas urbanas e o voluntariado medioambiental arrancarán a partir do martes 19 de marzo. Tamén a final de mes terán lugar os cursos de hortas urbanas e de voluntariado
Na programación que se achega atópase un resumo das actividades previstas.