O 26 de novembro está previsto o quinto percorrido botánico, arrancando no Parque de Castrelos e logo circulando polo río Lagares ata a praia da Fonte. Esta iniciativa forma parte de Camiño a Camiño de outono 2023, promovido pola Concellería de Medioambiente de Vigo.
Neste percorrido coñeceremos de preto a riqueza botánica do Parque de Castrelos, con varios exemplares dentro do catálogo de árbores senlleiras. Tamén veremos curiosidades botánicas no curso baixo do río Lagares ata chegar á Xunqueira do Lagares, lugar destacado dende a perspectiva ornitolóxica.
- Dende luns 20 de novembro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- Novo criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o venres a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio venres previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
PERCORRIDOS A CARÓN DA BOTÁNICA DO SUR DE GALICIA: CASTRELOS - RÍO LAGARES
✔ Domingo 26 de novembro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:00 (aprox)
🏃 Percorrido de día completo: 6,5 km | Pendente media 1,9%, -2,1% | Dificultade baixa
👉 Recomendación: calzado de sendeirismo.
🗾 Trazado: