Nesta etapa de Camiño a Camiño de Outono 2023 fíxose a ascensión polo río Eifonso ata chegar ao Parque Forestal de Beade. O dia sen dúbida estaba para camiñar e apreciar o bosque de ribeira a carón do río, a variedade botánica e as chamativas fervenzas.
Entorno do río Eifonso nun momento da charla interpretativa
Os participantes poideron comprobar como se configura un bosque autóctono, cales son as amezas derivadas da penetración de plantas exóticas invasoras, e o contraste cun monte dirixido a produción forestal con especies tan curiosas como as pseudotsugas.
Houbo tempo para deterse na Capela de San Cibrán e tamén contemplar a maxestuosa ría de Vigo.
Ver ALBUM FOTOGRÁFICO.
Grupo de sendeiristas coa Ría de Vigo de fondo
Algúns dos momentos chamativos recóllese nestas instantáneas: