O 19 de novembro está previsto o cuarto percorrido botánico polo Parque botánico do río Eifonso. Esta iniciativa forma parte de Camiño a Camiño de outono 2023, promovido pola Concellería de Medioambiente de Vigo.
Neste percorrido coñeceremos de preto a riqueza botánica existente no bosque de ribeira que acobilla a conca do río Eifonso en Bembrive. Trátase dun percorrido que faremos en subida por motivos de seguridade na circulación e que, dada a orografía do terreo, resultará certamente dificultoso
INSCRICIÓN (150 prazas por ruta, gratuíta)
- Dende luns 13 de novembro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- Novo criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o venres a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio venres previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
PERCORRIDOS A CARÓN DA BOTÁNICA DO SUR DE GALICIA: PARQUE BOTÁNICO DO RÍO EIFONSO
✔ Domingo 19 de novembro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:00 (aprox)
🏃 Percorrido de día completo: 5,9 km | Pendente media 10,2%, -6,2% | Dificultade alta (forte pendente de subida).
👉 Recomendación: levar bastóns, calzado de sendeirismo e, se chove, capa.
🗾 Trazado e Alzado: