A Concellería de Medio Ambiente de Vigo informa ás persoas inscritas no 3º percorrido botánico previsto realizar para o vindeiro domingo 12 de novembro que, por motivo do peche das instalacións do Pazo de Lourizán debido ás múltiples incidencias derivadas do temporal, a organización vese obrigada a variar o trazado. Agradecemos a comprensión polo cambios na programaqción e solicitamos desculpas polas molestias ocasionadas.
O novo trazado arrancará en Lago Castiñeiras, outro espazo botánico interesante, para dirixirse cara Figueirido e así poder visitar tamén o Parque Etnoarqueolóxico das Cabanas. Terá unha lonxitude de case 10 km e unha dificultade media, baixando dende o alto onde se atapa a saída ata chegar á planicie onde se atopa Figueirido.
De seguido comparamos o novo trazado (amarelo) co inicialmente previsto (vermello) e tamén presentamos o alzado novo.