O 12 de novembro está previsto o terceiro percorrido botánico, nesta ocasión polas terras de Lourizán (Pontevedra), atrevesando a Comunidade de Montes de Salcedo partindo dende Figueirido. Esta iniciativa forma parte de Camiño a Camiño de outono 2023, promovido pola Concellería de Medioambiente de Vigo.
Neste percorrido achegarémonos ao sorprendente xardín botánico do Pazo de Lourizán, así como as múltiples historias que hai en relación co mesmo. Tamén nos achegaremos ao Parque Etnoarqueolóxico das Cabanas, unha curiosa recreación dun poboado celta.
INSCRICIÓN (150 prazas por ruta, gratuíta)
- Dende luns 6 de novembro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- Novo criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o venres a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio venres previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
PERCORRIDOS A CARÓN DA BOTÁNICA DO SUR DE GALICIA: LOURIZÁN
✔ Domingo 12 de novembro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:30 (aprox)
🏃 Percorrido de día completo: 7,3 km | Pendente media 5,3%, -7,9% | Dificultade baixa.
👉 Recomendación: levar bastóns, calzado de sendeirismo e capa.
🗾 Trazado e Alzado: