Nesta etapa de Camiño a Camiño de Outono 2023 finalmente fíxose o percorrido dende Lago de Castiñeiras ata Figueirido, ao non poder acceder ao Pazo de Lourizán por peche temporal. En todo caso, anque arrancando con choiva, póidose comprobar o sempre chamativo conxunto botánico de Cotorredondo, co entorno de Lago de Castiñeiras pletórico.
Os participantes poideron comprobar diversas especies presentes en Cotorredondo, e fíxose unha particular mención ao castiñeiro e a súa evolución na franxa costeira dende que empezou a ser atacado polas distintas pragas.
Xa en travesía asomou o sol, o cal permitiu gozar dun percorrido chamativo coa Ría de Pontevedra e a cidade de Pontevedra como fondo. O remate tivo lugar na Comunidade de Montes de Salcedo, coa súa interesante rexeneración e cos seus atractivos etnoarqueolósicos.
Ver ALBUM FOTOGRÁFICO.
Algúns dos momentos chamativos recóllese nestas instantáneas: