Nesta etapa de Camiño a Camiño de Outono 2023 detivémonos na riqueza botánica do Parque de Castrelos, coa obrigada parada no Pazo de Quiñones de León, e as curiosidades botánicas ao longo do tramo baixo do río Lagares, chegando á Xunqueira e rematando no areal de Tombo do Gato.
Os participantes poideron comprobar como no Pazo de Quiñones de León, aparte dos famosos xardíns francés e inglés, hai unha extensa variedade botánica autóctona e exótica. Tamén coñeceron unha parte menos frecuentada: o bosque con algúns exemplares de carballos máis chamativos de Galicia. Todo isto acompañado pola particular colección de camelios, incluído "Matusalén", o máis antigo de Galicia, así como por distintos árbores senlleiros, tanto no interior do Pazo como no Parque de Castrelos.
Poidemos comprobar de primeira man como se cumpre o dito de "si tiene capilla, palomar y ciprés, pazo es" ao falar do Pazo Quiñones de León ou tamén coñecido como Pazo de Castrelos.
Houbo tempo logo para facer un gozoso paseo pola beira do río Lagares, deténdonos no humidal de Goberna e na Xunqueira do Lagares e nas curiosidades de ambos lugares
Ver ALBUM FOTOGRÁFICO.
Algúns dos momentos chamativos recóllese nestas instantáneas: