Visita ao Condado dentro do ciclo de visitas a lugares con actividade agraria de proximidade. Nesta etapa de Camiño a Camiño de Outono 2023, que de novo arrancaba con mala previsión, volveu a aguantar o tempo co que poido aproveitarse ver o entorno de As Neves, coas súas historias xeolóxicas que atraeron aos romanos, e cunha configuración da paisaxe que permite diversidade de produccións, entre elas, evidentemente, a dunha variedade do viño da DO das Rías Baixas. Ver ALBUM FOTOGRÁFICO.
O ciclo de visitas, organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo, pretende dar a coñecer á cidadanía a recomendación de Nacións Unidas recollida no ODS - Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 12.8: asegurar que os cidadáns e cidadás teñan a información e os coñecementos pertinentes para o desenvolvemento sostible e os estilos de vida en armonía coa natureza.
Algúns dos momentos chamativos recóllese nestas instantáneas: