Visita ao Ribeiro dentro do ciclo de visitas a lugares con actividade agraria de proximidade. Nesta etapa de Camiño a Camiño de Outono 2023, que arrancaba con moi mala previsión e ao final tivo momentos moi agradables, comrpobamos como a carón do Camiño dos Arrieiros atópanse espazos moi ben conservados e con moita tradición agraria. Debido á choiva houbo que acortar a visita prevista, pero logrouse achegar a entornos moi ben conservados e cunha gran carga histórica. Ver ALBUM FOTOGRÁFICO.
O ciclo de visitas, organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo, pretende dar a coñecer á cidadanía a recomendación de Nacións Unidas recollida no ODS - Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 12.8: asegurar que os cidadáns e cidadás teñan a información e os coñecementos pertinentes para o desenvolvemento sostible e os estilos de vida en armonía coa natureza.
Algúns dos momentos chamativos recóllese nestas instantáneas: