O 29 de outubro -lembrar que hai cambio de hora- está previsto o primeiro percorrido botánico pola Serra do Galiñeiro ata chegar ao Monte Aloia. Esta iniciativa forma parte de Camiño a Camiño de outono 2023, promovido pola Concellería de Medioambiente de Vigo.
Nesta clásica travesía, de día completo -se o tempo o permite- coñecerase de preto a situación botánica da Serra do Galiñeiro coa súa "xoia da coroa" localizada no Parque Natural do Monte Aloia. Tamén haberá ocasión de coñecer como se conformou a Serra e as súas particulares características xeolóxicas e de como evolucionou a rexeneración dos montes despois dos lumes de 2017.
INSCRICIÓN (150 prazas por ruta, gratuíta)
- Dende luns 23 de outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- Novo criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o venres a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio venres previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
PERCORRIDOS A CARÓN DA BOTÁNICA DO SUR DE GALICIA (día completo se acompaña o tempo; en caso de choiva acortarase a medio día)
✔ Domingo 29 de outubro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 18:30-19:00 (aprox) ou, en caso de choiva, 14:30-15:00.
🏃 Percorrido de día completo: 10,5 km (mañán) e 3,5 km (tarde) | Pendente media 7,8%, -7,8% | Dificultade media.
👉 Recomendación: levar bastóns, calzado de sendeirismo e comida para todo o día.
🗾 Trazado e Alzado: