Nesta etapa de Camiño a Camiño de Outono 2023 botamos a andar na serie de rutas a carón da botánica no sur de Pontevedra, coa visita ao Parque Natural de Aloia e a travesía pola Serra do Galiñeiro. O grupo de participantes poideron comprobar de preto a variedade de especies que configuran o Monte Aloia, así como as increibles panorámicas que se divisan dende os seus miradoiros.
Xa en travesía experimentáronse os contrastes de momentos de sol cos de intensa choiva e vento, se ben foi menos do que inicialmente cabía agardar. Isto deu pé a gozar dalgunhas historias do lugar e do coñecemento da particularidade xeolóxica da serra.
Ver ALBUM FOTOGRÁFICO.
Colorido fondo no momento da presentación da etapa no Monte Aloia
Algúns dos momentos chamativos recóllese nestas instantáneas: