O 8 de outubro bota a andar a programación de Camiño a Camiño de outono 2023 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, que ten previsto actividade ata o 26 de novembro.
Nesta edición hai un dobre reto: visitar tres espazos de produción agrícola de proximidade combinado con contidos medioambientais de interese, combinado con cinco percorridos a carón de espazos botánicos do sur de Galicia. Toda a programación AQUÍ.
Na primeira visita a celebrar o 8 de outubro achegarémonos ao Salnés, concretamente ao entorno do Mosteiro de Armenteira, cuna do viño albariño. Teremos ocasión de coñecer o seu entorno e circular á beira dos regos de San Martiño e de Armenteira, para chegar as zonas de cultivo ao rematar. Ao longo do percorrido circularemos tamén polo popular PR-G 170, a Ruta da pedra e da auga, co seu chamativo trazado adornado de múltiples muíños e bosque de ribeira. En total son caseque 16 km a realizar ao longo de todo o día, con opción de facer ou non o tramo da tarde.
INSCRICIÓN (130 prazas por ruta, gratuíta)
- Dende luns 2 de outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
- Novo criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o venres a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio venres previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.
O CONSUMO DE PRODUTOS DE PROXIMIDADE. VISITA 1: O SALNÉS - ENTORNO DE ARMENTEIRA (día completo)
✔ Domingo 8 de outubro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 19:00-20:00 (aprox)
🏃 Percorrido de todo o día: 15,7 km | Pendente media 5,4%, -5,5% | Dificultade media. No caso de climatoloxía adversa pode haber modificacións do trazado.
👉 Recomendación: levar bastóns, calzado de sendeirismo e reposto de auga para todo o día, así como o xantar.
🗾 Trazado e Alzado: