Presentada a edición de outono de Camiño a Camiño, que arranca o 8 de outubro

Programa de Educación Medioambiental "Camiño a Camiño" de Outono 2023 foi presentado pola Teniente de Alcalde, Elena Espinosa, e pola Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, dando a coñecer os percorridos medioambientais previstos para esta tempada, así como as actividades de hortas urbanas e voluntariado medioambiental.

O acto coincidiu coa sinatura de convenio de colaboración con Vegalsa-Eroski, que nesta ocasión contou coa presenza do Director Xeral, Joaquín González. Trátase dunha colaboración que leva aberta dende hai 11 anos e na que se pon de manifesto a aposta polo ocio verde, o cal quedará de manifesto na colaboración económica e na difusión da campaña na rede de supermercados de Vigo.



No programa que se achega (PREMER para descargar) atópase o detalle das actividades, no que destaca unha serie de visitas a espazos de produción agrícola de proximidade (Salnés, Ribeiro e Condado) e outra serie con percorridos a carón da botánica do sur de Galicia (Monte Aloia -día completo-, O Rosal, Lourizán e, dentro de Vigo, no río Eifonso e en Castrelos-Río Lagares).



Nesta edición, como novidadade para fomentar a participación, establécese o criterio de que unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o venres a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio venres previo á actividade. 
Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.

PERCORRIDOS MEDIOAMBIENTAIS: O SALNÉS - ENTORNO DE ARMENTEIRA

A primeira ruta, que será de día completo, terá lugar o domingo 8 de outubro coa visita ao Salnés, máis concretamente ao entorno de Armenteira (máis información neste blog próximamente). O proceso de inscrición arrancará o luns 2 de outubro a través do 010 (986810260 dende móbil), habilitándose un total de 130 prazas.

As seguintes dúas visitas relacionadas coa produción agrícola de proximidade terán lugar os días 15 de outubro ao Ribeiro (xornada completa) e o 22 de outubro ao Condado (media xornada). Máis info no apartado RUTAS deste blog.



Participantes na Horta de Teis acompañados da Concelleira de Medio Ambiente


HORTAS URBANAS E VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL
As hortas urbanas proseguirán a súa actividade habitual en horario de inverno (de 10 a 13 horas polas mañás e de 16 a 19 horas polas tardes) en Navia, Fontáns, Pedro Alvarado, Sardomela, Ramón Nieto e Camelias. Para poder participar nas mesmas é preciso realizar o curso básico de hortas urbanas. As persoas interesadas no citado curso poden consultar nas propias hortas. Máis info no apartado HORTAS URBANAS deste blog. 

Tamén seguen as actividades de voluntariado medioambiental no Monte da Guía, nos sendeiros locais, na caneira municipal ou en Vigozoo (máis info no apartado VOLUNTARIADO deste blog). Para poder participar é preciso realizar o curso de iniciación ao voluntariado medioambiental previsto para o sábado 14 de outubro, as 11:00, en Vigozoo (máis info no apartado FORMACIÓN deste blog)

As inscricións para todas estas actividades pódense facer no 010 (986 810 260 dende móbil) durante a semana previa a cada unha delas, iniciándose o luns 2 de outubro.

 



Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Presentada a edición de outono de Camiño a Camiño, que arranca o 8 de outubro
Presentada a edición de outono de Camiño a Camiño, que arranca o 8 de outubro
Visita 1. O Salnés - entorno de Armenteira. Camiño a Camiño, programa de educación medioambiental da Concellería de Medio Ambiente de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgybG_q-hs_AcSuNiToArfgMWY2t4llQJLqLUYmpcut0hPCiiMJJso0PVp-_fOKtK8bS0IDQy6h2tKXUlqNQIkbPeV0_uLivWFPan6lSvicpCL1xlsgaTU9GFyCZQVVz_YQ4lmlRpvmR-DQ00GH7_3ovPju-RHliAk2G1MzB7cdsDKB_GkIu7Z6Sit5rwH3/w640-h480/2023-09-28%20Presentaci%C3%B3n%20CACV23%20Out.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgybG_q-hs_AcSuNiToArfgMWY2t4llQJLqLUYmpcut0hPCiiMJJso0PVp-_fOKtK8bS0IDQy6h2tKXUlqNQIkbPeV0_uLivWFPan6lSvicpCL1xlsgaTU9GFyCZQVVz_YQ4lmlRpvmR-DQ00GH7_3ovPju-RHliAk2G1MzB7cdsDKB_GkIu7Z6Sit5rwH3/s72-w640-c-h480/2023-09-28%20Presentaci%C3%B3n%20CACV23%20Out.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2023/09/programacion-camino-a-camino-vigo-outono-2023.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2023/09/programacion-camino-a-camino-vigo-outono-2023.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar