A visita ás Illas Cíes de Camiño a Camiño deste domingo 4 de xuño iniciouse coa incertidume do que nos íamos atopar e ao final resultou moi ben: saboreamos as illas con tranquilidade e cun ambiente moi particular. Entre outros aspectos abordados estiveron as particularidades xeolóxicas que fan que o Concello de Vigo faga a solicitude de Xeoparque.
Tal e como se pode contemplar na reportaxe fotográfica (PREMER) as preto de 300 persoas inscritas na visita puideron realizar as catro rutas previstas na illa e achegarse tanto a lugares emblemáticos como a panorámicas para non esquecer. Unha mostra de seguido: