A visita ás Illas Cíes de Camiño a Camiño deste domingo 21 de maio resultou moi agradable polas condicións climatolóxicas e pola inmersión que se logrou facer nos valores naturais dun espazo singular. Entre outros aspectos abordados estiveron as particularidades xeolóxicas que fan que o Concello de Vigo faga a solicitude de Xeoparque.
Tal e como se pode contemplar na reportaxe fotográfica (PREMER) as 300 persoas inscritas na visita puideron realizar as catro rutas previstas na illa e achegarse tanto a lugares emblemáticos como a panorámicas para non esquecer. Unha mostra de seguido: