A celebración do VIII Día dos Montes de Vigo, organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo, permitiu que preto de 800 participantes circularan polos sendeiros locais de Beade-Bembrive e de Zamáns nas distintas andainas programadas. Ver Reportaxe fotográfica completa (AQUI).
Ao inicio o Alcalde, Abel Caballero, deu a benvida aos participantes no Parque Forestal de Beade e invitou aos asistentes a gozar dos espazos naturais que nos brindan os montes de Vigo. Na presentación dos percorridos tamén estivo presente a Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, e o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González. Propuxeron aos participantes coñecer de preto os valores medioambientais, patrimonitais e paixasísticos que habitualmente se atopan en calquera comunidade de montes que circunda Vigo e, neste caso, foi Beade, Bembrive e Zamáns.
Ao longo da mañá puidose comprobar como a eclosión da primavera está presente en lugares singulares como os Muíños de Zamáns, a Fervenza da Freixa, o bosque de ribeira ao carón do río Eifonso, o bosque de pseudotsugas de Beade e os distintos miradoiros ao longo dos percorridos das distintas andainas programadas.
O día acompañou para facer as catro andainas previstas con distintas distancias e niveis de dificultade. entre os participantes había dende cativos de corta idade ata persoas de máis de oitenta anos, o cal pon de manifesto que para andar polo monte tan só cómpre ter vontade de practicar un dos exercicios máis sanos: camiñar.
Os xogos familiares completaron o VIII Día dos Montes de Vigo 2023 no que participaron máis de 200 persoas con cativas e cativos de distintas idades.
De seguido algunhas instantáneas dos grupos: