A sétima etapa de Camiño a Camiño de Primavera 2023 pola Ría de Vigo, entre Cangas e Nerga, resultou un baño de costa pola Ría de Vigo con combinación de formacións rochosas e areais, intercalando sistemas dunares, panorámicas de longo percorrido e, como non, a pegada humana en distinta profundidade.
A etapa arrancou coa historia da "sardiñocracia" que nos recordou como nalgún momento o mar e os froitos do mar lle deu un período de explendor económico á Ría de Vigo, con Massó ao frente. Logo poidose ver en Punta Balea a fábrica que durante trinta anos se adicaba ao despiece de Baleas. Por último comprobouse a gran explotación do mexilón nas bateas da Ría. Ao final tamén se poido lembrar como a sobreexplotación dos recursos mariños combinados con dinámicas de crecemento económico sen sostibilidade acaba fracasando unha e outra vez. Servan estas imaxes de recordatorio.