A sétima etapa de A Ría de Vigo abordará o tramo Cangas a Nerga. Neste percorrido de Camiño a Camiño, promovido pola Concellería de Medioambiente de Vigo, vaise circular pola beira do mar atravesando lugares emblemáticos como Massó, Punta Balea, praia Areamilla, praia de Liméns e praia de Viñó.
INSCRICIÓN (150 prazas por ruta, gratuíta)
- Dende luns 24 de abril, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
RÍA DE VIGO. ETAPA 7: CANGAS - NERGA
✔ Domingo 30 de abril
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 15:00 (aprox)
🏃 Percorrido: 11 km. Pendente media 5,7% / -4,7%; pendente máxima 26,1% / -23,4%; desnivel 397m / -298m. Dificultade media-baixa
👉 Recomendación: levar gorra, auga, bastóns e calzado de sendeirismo para evitar situacións de risco.
🗾 Trazado: