A sexta etapa de Camiño a Camiño de Primavera 2023 pola Ría de Vigo, entre Pastoriza (Moaña) e o Alto da Portela (Cangas), permitiunos introducirnos nun "bosque encantado", dado o día nebuloso que asomou e dado os ambientes que se poideron atravesar polos montes da Paralaia. Neste contexto poidemos coñecer as historias de mouros moi arraigadas na cultura popular do lugar.
Tamén tivemos ocasión de coñecer a invasión turca en 1617, que arrasaron Cangas e as súas parroquias, e que fixeron fuxir aos seus habitantes a estes bosques para escapar da barbarie. De aí derivouse toda a historia de María Soliña, que tanto marcou o devenir dos tempos ata a actualidade.
Hoxe, ademais, deuse unha anécdota digna de mención: dous participantes na ruta, Gerardo e Iago, resulta que se levan 80 anos entre eles.
O percorrido aguantou sen chover ata a Cruz de Xestoso e permitiu sacar algunhas instantáneas como a que recollemos no ALBÚM. De seguido un breve resumo: