A quinta etapa de Camiño a Camiño de Primavera 2023 pola Ría de Vigo, entre Chan de Arquiña e Moaña, pasando polo Rego da Fraga, permitiunos contemplar o tramo intermedio e final da Ría de Vigo dende Faro de Domaio, así como gozar dunha das fragas mellor conservadas de toda a ría.
Tamén tivemos ocasión de coñecer a historia do señorío de Meira e a proposta de facerlle unha torre a Colón en 1959 en Faro Domaio -no seu lugar temos unha colección de antenas-. Curiosamente, se é certo que Colón ven sendo Pedro Madruga, foi este o que, a súa vez, no século XV promoveu na época das Revoltas Irmandiñas que botasen abaixo a Torre de Meira -agora en proceso de posta en valor-.
O percorrido desenvolveuse cunha temperatura óptima e unha nitidez do día que permitiu facer unha reportaxe cunhas perpectivas incribles como a que recollemos no ALBÚM. De seguido un breve resumo: