VIII Día dos Montes de Vigo - 14 maio 2023

 

VIII DÍA DOS MONTES DE VIGO

14 maio 2023 | Parque Forestal de Beade



Concello de Vigo, a través da Concellería de Medio Ambiente, bota a andar o VIIIª Día dos montes de Vigo, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa-Eroski. Terá lugar o domingo 14 de maio, pola mañá, sendo a base de operacións o Parque Forestal de Beade (localización Google Maps)

Inscrición no 010 (986810260 dende móbil): dende o martes 2 de maio ata o venres 12 de maio, as 14 horas. Tal e como se indica máis abaixo, será necesario apuntarse nunha das andainas previstas e que están adaptadas as características dos distintos públicos. Ademáis, haberá exposicións e actividades infantis. Está previsto que participe en torno a un milleiro de vigueses e viguesas.


O obxectivo que se persigue con este evento é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos máis destacados da cidade. Haberá ocasión de achegarse a algúns lugares singulares e contemplar unhas panorámicas únicas da cidade de Vigo.

A programación vai dirixida á poboación en xeral, cun apartado específico para público infantil. A modo de resume recóllese no cartaz do evento:


______________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________



Están previstas tres andainas con distinto grado de dificultade, para coñecer a realidade dos montes de Beade, Bembrive e Zamáns
Tomarase como punto de partida o Parque Forestal de Beade.



1. ANDAINA LONGA 21 km (tramo vermello e azul oscuro):  PF Zamáns - SL Zamáns - PF Beade - Variante Sendeiro Local Bembrive-Beade | dificultade media-alta
Horario: Acollida en Parque Forestal de Beade (8:00) - Saída da lanzadeira de bus para o P.F de Zamáns (8:30) - Inicio Andaina (8:45) 
Observacións: Atravesaranse algúns lugares singulares como a Fervenza da Freixa ou a Fraga do Río Eifonso, así como miradoiros naturais privilexiados.

1.1 Tramo 1 (vermello): PF Zamáns - SL Zamáns - PF Zamáns - PF Beade
Distancia: 11 km | pendente media 6,9% / -6,5% | pendente máxima 33,2%/-28,7% | desnivel 471m/-395m 


1.2 Tramo 2 (azul oscuro):  PF Beade - Variante Sendeiro Local Bembrive-Beade (paso por Área recreativa do Pouso)
Distancia: 10 km | pendente media 8,6% / -8,3% | pendente máxima 33,5%/-33,1% | desnivel 483m/-477m 



2. ANDAINA MEDIA 10 km (azul oscuro):  PF Beade - Variante Sendeiro Local Bembrive-Beade (paso por Área recreativa do Pouso)
Distancia: 10 km | pendente media 8,6% / -8,3% | pendente máxima 33,5%/-33,1% | desnivel 483m/-477m | dificultade media
Horario: Acollida en Parque Forestal de Beade (10:00) - Inicio Andaina (10:30) 
Observacións: Atravesaranse algúns lugares singulares como a Fraga do Río Eifonso, así como miradoiros naturais privilexiados.





3. ANDAINA CURTA 4,5 km (azul claro):  PF Beade - Variante Sendeiro Local Bembrive-Beade 
Distancia: 4,5 km | pendente media 9,8% / -8,5% | pendente máxima 47,0%/-37,8% | desnivel 222m/-229m | dificultade baixa
Horario: Acollida en Parque Forestal de Beade (11:00) - Inicio Andaina (11:30) 
Recomendación: para familias con fillas e fillos maiores de 6 anos.
Observacións: Atravesaranse algúns lugares singulares como a Aldea da Fraga, así como miradoiros naturais privilexiados.





Ao rematar as andainas entregarase un kit de peche (empanada, froita, bebida). Quen o estime oportuno poderá levar a comida e quedarse o resto do día a gozar do Parque forestal. 

______________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________



Neste caso participarán as familias ao completo, adaptando as actividades ás idades dos menores.

4. Peque-ruta "O monte de Vigo na primavera": 2km (amarelo)
Destinatarios: Familias con fillos menores ata 6 anos
Horario: Acollida en Parque Forestal de Beade (11:00) - Inicio Andaina (11:30) 
Percorrido: entorno do Parque Forestal de Beade
Observacións: Conoceremos singularidades dos montes de Vigo en primavera.



5. Xogos populares - Tiro con arco - Rastrexo.
Ao rematar as andainas nas que participen as familias, está prevista unha serie de actividades dirixidas aos máis cativos e cativas, como xogos populares, tiro con arco, rastrexo, etc. Actividades abertas para menores inscritos ata 12 anos.




Ao rematar as andainas entregarase un kit de peche (empanada, froita, bebida). Quen o estime oportuno poderá levar a comida e quedarse o resto do día a gozar do Parque forestal. 




C) INSCRICIÓN E FUNCIONAMENTO DO EVENTO 

Inscrición: Aqueles/as interesados en participar no VIII Día dos montes de Vigo pódense inscribir ata o 12 de maio ao mediodía tanto no 010 (986 81 02 60 dende móbil). 
No caso de que o día 14 de maio haxa prazas dispoñibles, poderase facer inscrición no Parque Forestal de Beade ata media hora antes do inicio da actividade.

Lugar de encontro: Parque forestal de Beade (localización Google Maps), próximo ao Campus Universitario de Lagoas-Marcosende.

Recollida de tarxeta de participación: previo ao inicio das actividades, as persoas inscritas recollerana na carpa de organización. A participación é gratuíta. No caso da Andaina que se inicia no Parque Forestal de Zamáns dará dereito ao acceso ao autobús lanzadeira ata o inicio de actividade. No resto de actividades será solicitada ao principio das mesmas.

Agasallo a participantes: kit de abastecemento e promocional cortesía de Vegalsa-Eroski, xunto con entrega de camiseta recordatoria. Entregaranse no momento de solicitude da tarxeta de participación.

Inicio de actividade: segundo horario previsto na programación que se atopa na web caminoacaminovigo.org, sendo preciso estar rexistrado media hora antes.

Recomendacións: Roupa cómoda e calzado axeitado para monte, hidratación constante, respecto ás indicacións da organización, coidado do entorno empregando os contenedores habilitados e respectando a flora e fauna que se atope.

Regulamento: A inscrición nas andainas leva asociado a aceptación do regulamento da andaina (ver abaixo) e desprazarse ata o Parque Forestal de Beade, tendo que realizarse o correspondente rexistro. O non cumprimento do regulamento pode supor a suspensión da participación.
Cada participante configurará o percorrido que máis lle interese segundo a planificación das andainas, asumindo que o percorrido estará marcado previamente e se realizará de xeito autónomo.
No punto de saída iniciaranse as andainas co acompañamento de persoal de organización que encabezarán os grupos e que se verán reforzados en diversos puntos críticos ou travesías por voluntarios/as das distintas comunidades de montes polas que se transitan. 

Máis información: info@caminoacaminovigo.org | whatsapp 662 23 10 23 | caminoacaminovigo.org



Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: VIII Día dos Montes de Vigo - 14 maio 2023
VIII Día dos Montes de Vigo - 14 maio 2023
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgkTrY7rtWNyh49XRRvUktiH7LuiDSsjz2ellvfYX2cR4AouY5ZHYacHa0JYbN3Zm5xUZrLIBW0-p_3rpx0VrxYsVsCdqEku7TdzWW2VD4Bjg_QNFFE92O1xQePVL_zsVW_INBtNn9J_a-ARSkhm0tw_iujqbME2NGGnAFIM6SJ-Yjw87-m851LJNPr7g/w640-h288/DVM23%20-%20Cabeceira.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgkTrY7rtWNyh49XRRvUktiH7LuiDSsjz2ellvfYX2cR4AouY5ZHYacHa0JYbN3Zm5xUZrLIBW0-p_3rpx0VrxYsVsCdqEku7TdzWW2VD4Bjg_QNFFE92O1xQePVL_zsVW_INBtNn9J_a-ARSkhm0tw_iujqbME2NGGnAFIM6SJ-Yjw87-m851LJNPr7g/s72-w640-c-h288/DVM23%20-%20Cabeceira.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2023/04/dia-dos-montes-de-vigo.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2023/04/dia-dos-montes-de-vigo.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar