O programa Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente está desenvolvendo durante esta tempada de primavera 2023 a visita a distintos lugares de interese medioambiental a carón da Ría de Vigo cun importante éxito de convocatoria todos os domingos pola mañá entre mediados de marzo e o 4 de xuño (ver Programación).
Dentro da programación está previsto a visita a Cíes os domingos 21 de maio e 4 de xuño de sendos grupos de 300 persoas. Con estas visitas pecharíanse os percorridos pola Ría de Vigo.
CAMBIO NAS DATAS DE PREINSCRICIÓN:
Por motivo de que o acceso ás Illas Cies ten que realizarse de xeito personalizado para poder conseguir o acceso na Plataforma do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e dada a elevada afluencia turísitica que está tendo a illa de visitantes foráneos e grupos de actividade, a Concellería de Medio Ambiente vese obrigada a adiantar o proceso de inscrición previsto inicialmente para maio e así poder garantir o acceso dos participantes á Illa.
A modificación da programación consiste en:
- Data de Preinscrición para a Visita a Cíes do 21 de maio e do 4 de xuño: luns 24 de abril e martes 25 de abril, a través do 010 (986810260 dende móbil) en horario de 8:00 a 20:00. Cómpre proporcionar Nome completo, nº DNI e Data de nacemento (datos obrigatorios para poder acceder á Illa)
- Peche da inscrición: do 26 ao 28 de abril, en horario de 12 a 20 horas, na Naviera Mar de Ons (r/Cánovas del Castillo 26). Necesario levar DNI ou copia para comprobar identidades e datos. Os menores de 14 anos non é obrigatorio o DNI). Neste momento proporcionarase o QR que habilita para poder retirar o billete de barco. Pago na naviera de 8 euros por persoa para obter o billete do barco