A Concellería de Medio Ambiente de Vigo, a través do programa Camiño a Camiño, arranca a súa tempada de outono cunha dobre proposta: percorridos por contornas naturais singulares de Galicia (5 rutas) e actividades familiares de vida saudable nos sendeiros locais de Vigo (3 actividades) A intención é coñecer de preto o noso entorno, tanto como visitante aos espazos naturais singulares de Galicia como camiñante polos entornos próximos.
(1) Percorridos de día completo: Saída 9:00 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 8:30. Retorno estimado: entre 19:00 e 20:00h, na Praza do Rei. Desprazamento autobús discrecional gratuíto
(2) Percorridos de tarde: Punto de encontro no Parque Forestal (Zamáns e Vixiador): 16:30. Desprazamento por propios medios.
(3) Percorrido de mañá: Punto de encontro no Parque Forestal (Beade): 10:30. Desprazamento por propios medios.
Inscrición e Funcionamento:
Inscrición: 010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: o xoves.
Sistema de adxudicación de prazas: un/unha participante non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade.
Recollida do ticket de viaxe: ao coller o autobús na Praza do Rei ou no Punto de Encontro.
Renuncia á inscrición: no caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23. Non facelo pode supór a limitación á participación en actividades posteriores.