A cuarta etapa de A Ría de Vigo abordará o tramo Lago Castiñeiras - Chan de Arquiña (Moaña). Neste percorrido de Camiño a Camiño, promovido pola Concellería de Medioambiente de Vigo, vaise circular polos montes que se dirixen cara Moaña e así poder contemplar a ría dende a perspectiva norte.
INSCRICIÓN (150 prazas por ruta, gratuíta)
- Dende luns 27 de marzo, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
RÍA DE VIGO. ETAPA 4: LAGO CASTIÑEIRAS - CHAN DE ARQUIÑA (Moaña)
✔ Domingo 2 de abril
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:00-14:30 (aprox)
🏃 Percorrido longo (subindo a Coto do Home): 10,9 km. Pendente media 6,5% / -5,4%; pendente máxima 22,6% / -23,0%; desnivel 442m / -264m. Dificultade media-alta (ver abaixo o alzado, cunha subida prolongada)
🏃 Percorrido curto (subindo ao miradoiro próximo a Chan de Arquiña): 9,5 km. Pendente media 6,6% / -6,2%; pendente máxima 20,7% / -20,9%; desnivel 414m / -262m. Dificultade media (mantense a subida, pero recortase o trazado en subida en 1,4 km)
👉 Recomendación: levar bastóns e calzado de sendeirismo para evitar situacións de risco.
🗾 Trazado: