A segunda etapa de Camiño a Camiño de Primavera 2023 pola Ría de Vigo, entre Reboreda e A Ermida da Peneda en Redondela resultou moi satisfactoria polo increíble tempo que se presentou e polo maravilloso recreo para todos os sentidos, sobre todo os visuais.
Acompañados polo xeólogo Eduardo González Clavijo poidemos imaxinarnos como evolucionou a Ría de Vigo dende que se separou Europa de América, e Nova Iork derivou cara o outro lado do océano. Tamén vimos como os ríos que afondaron as fallas conformaron uns profundos vales que, ao ser inundados despois das glaciacións darían as rías, e particularmente a Ría de Vigo, que conta cunha particular configuración ao ter ás Illas Cíes protexéndoa. Por un momento vimos moverse o reló xeolóico, o cal costa o seu asumilo, pero nos colocamos nos tempos recentes -18.000 anos- e como a partir de aí foi quedando a fisonomía actual. Asociado tamén poidemos entender o porqué dun clima en Vigo tan benévolo polo xeral, agás cando nos abandoa o Anticiclón das Azores.
O remate do percorrido tivo lugar na Ermida da Peneda, cunhas vistas en 360º incribles e cunhas historias medievais moi interesantes. O remate foi abrazando á sobreira de máis de 400 anos que tamén preside o monte.
Todas as fotos da etapa as podedes atopar AQUI, colocando de seguido algunhas mostras do que foi un enriquecedor día: