A segunda etapa de A Ría de Vigo abordará o tramo Reboreda - A Ermida da Peneda (Redondela). Neste percorrido de Camiño a Camiño, promovido pola Concellería de Medioambiente de Vigo, vaise contemplar o interior da ría dende os montes de Redondela e, con tal motivo, abordarase a conformación xeolóxica da mesma.
INSCRICIÓN (150 prazas por ruta, gratuíta)
- Dende luns 13 de marzo, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
RÍA DE VIGO. ETAPA 2: REBOREDA - ERMIDA DA PENEDA (REDONDELA)
✔ Domingo 19 de marzo
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:00-14:30 (aprox)
🏃 Percorrido longo (subindo á Ermida): 8,7 km. Pendente media 8% / -8,3%; pendente máxima 27,4% / -31,4%; desnivel 422m / -344m; dificultade alta (ver abaixo o alzado, con dúas subidas importantes)
🏃 Percorrido curto (sen subir á Ermida): 6,4 km. Dificultade media (sí que se fai a subida inicial do alzado, que ten bastante pendente, e non o segundo)
👉 Recomendación: levar bastóns e calzado de sendeirismo para abordar as subidas e baixadas que haberá que realizar.
🗾 Trazado: