O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá en rolda de prensa a tempada de primavera 2023 do Programa de Educación Medioambiental "Camiño a Camiño". Máis información no Xornal do Concello de Vigo (premer AQUI).
Están previstos percorridos medioambientais, actividade nas hortas urbanas e diversas actividades de voluntariado, segundo se recolle na programación máis abaixo. Tamén están previstas accións formativas relacionadas coas hortas urbanas e co voluntariado
Puxo de relieve a continuidade do programa, a gratuidade nos desprazamentos dos percorridos medioambientais, a volta das visitas ás Illas Cíes -cun prezo moi económico para a viaxe- despois de tres anos sen poder acudir e o feito de que máis de 3500 persoas se beneficiarán destas actividades.
Dende o luns 6 de marzo poden realizarse no 010 (986810260 dende móbil) as inscricións ao primeiro percorrido medioambiental a celebrar o día 12 dende a Vía Verde ata Chapela, así como aos cursos de hortas e voluntariado (aviso: trasládanse unha semana sobre o recollido no folleto inicial)
Na programación que se achega atópase un resumo das actividades previstas.