A terceira etapa de Camiño a Camiño de Primavera 2023 pola Ría de Vigo, entre Arcade e as Salinas do Ulló, pasando por Ponte Sampaio, permitiunos coñecer de preto a Enseada de San Simón con toda a súa riqueza natural e moita historia recente e non tan recente. Unha gozada para os sentidos como poderedes comprobar nas instantáneas que recollemos no ALBÚM. De seguido un breve resumo.
Na Insuiña ou Illa de Medal tivemos ocasión de lembrar os acontementos vividos en 1809, dende a Reconquista de Vigo o 28 de marzo ata a Batalla de Ponte Sampaio o 9 de xuño. Todo un fito histórico que serviu de prólogo a decadencia das ansias imperialistas de Napoleón, e fundamentalmente protagonizado pola poboación de Vigo e concellos do sur de Pontevedra.
Nas Salinas do Ulló achegámonos á curiosidades do lugar, primeiro como salina e logo como muíño de mareas, así como ao feito de estar un espazo privilexiado dende o punto de vista biolóxico e, particularmente, ornitolóxico.
Para rematar fixemos unha incursión na Granxa de Ulló, retrotraendo uns centos de anos ao que foi lugar dende onde se explotaba a salina e posteriormente o muíño. O encanto deste espazo queda recollida na localización dun capítulo da serie "Un asunto privado" de Amazón Prime.