A Ría de Vigo: o reto de Camiño a Camiño de Primavera 2023

O 12 de marzo bota a andar a programación de Camiño a Camiño para a primavera 2023 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, que ten previsto actividade ata o 4 de xuño.

Via Verde de Vigo

Nesta edición o reto é percorrer a Ría de Vigo en oito etapas, rematando ao final coa visita ás Illas Cíes. En total aproximadamente 100 km introducíndonos nos lugares máis emblemáticos dos concellos que cincunda a Ría, tentando comprender como se orixinou, achegándonos aos hábitats existentes, investigando as características máis destacadas e, por suposto, contemplando a ría dende diversas perspectivas. Como non podía ser doutro xeito coñeceremos anécdotas curiosas e, como non, os fitos históricos máis destacados. Sen dúbida, toda unha experiencia ao noso alcance. Toda a programación AQUÍ.

Na primeira etapa a celebrar o 12 de marzo circularemos pola Vía Verde de Vigo ata Chapela e logo ata Rande, onde veremos o Castelo de Rande debaixo da ponte e tamén o Museo de Meirande. Os que queiran camiñar un pouco máis poderán facer a "ruta longa", desviándose no Parque da Riouxa ata a Praia de Arealonga, para logo incorporarse de novo á ruta. En total a ruta curta serán 9 km de fácil camiñar e a ruta longa, 10 km tamén moi cómodos.

Ao longo do percorrido poderemos contemplar as localizacións das vindeiras rutas e se o tempo nos acompaña, experimentar de preto o interior da ría e a súa intrahistoria.


INSCRICIÓN (150 prazas por ruta, gratuíta)

- Dende luns 6 de marzo, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.

- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org  para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.

Praia de Rande con vistas á ponte e ao estreito


RÍA DE VIGO. ETAPA I: VIA VERDE DE VIGO - CHAPELA - RANDE

✔ Domingo 12 de marzo

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:00-14:30 (aprox)

🏃 Percorrido curto (no Parque da Riouxa continúa por Vía Verde ata Chapela): 9,0 km. Dificultade media-baixa

🏃 Percorrido longo (no Parque da Riouxa desvíase por Praia de Arealonga ata Chapela): 10,0 km. Dificultade media-baixa

👉 Recomendación: levar bastóns para axudar a realizar algunha baixada na parte final do percorrido.

🗾 Trazado: 


Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: A Ría de Vigo: o reto de Camiño a Camiño de Primavera 2023
A Ría de Vigo: o reto de Camiño a Camiño de Primavera 2023
Ría de Vigo. Etapa 1: Via Verde - Chapela - Rande. Camiño a Camiño, programa de educación medioambiental da Concellería de Medio Ambiente de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEii0yGwrSLfJVYrJ4DqWbSZMKKcKoICk2GD0yiSwcRruTuPS9fh-Y0KFRL-s9x_k41JqDQOHLEgPh0n6h9t83w-nEjYjPrB8ytzqHt0A8Y7N8oXiDc_geYb6czOkrazFQt0xRmBdcCCZNiz_jQAAJNs6JnaQdcw2q4sEA0JU98qyfQACCFyYga2fftFmQ/w640-h356/FS180%201%20Via%20Verde.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEii0yGwrSLfJVYrJ4DqWbSZMKKcKoICk2GD0yiSwcRruTuPS9fh-Y0KFRL-s9x_k41JqDQOHLEgPh0n6h9t83w-nEjYjPrB8ytzqHt0A8Y7N8oXiDc_geYb6czOkrazFQt0xRmBdcCCZNiz_jQAAJNs6JnaQdcw2q4sEA0JU98qyfQACCFyYga2fftFmQ/s72-w640-c-h356/FS180%201%20Via%20Verde.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2023/03/a-ria-de-vigo-o-reto-de-camino-camino.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2023/03/a-ria-de-vigo-o-reto-de-camino-camino.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar