Cun día expléndido, a Concellería de Medio Ambiente de Vigo celebrou o Día Mundial dos Humidais xunto con preto de 300 persoas de todas as idades.
Nos actos, nos que participou o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, houbo ocasión para coñecer os humidais entre a Xunqueira do Lagares e A Bouza, así como realizar actividades interpretativas e lúdicas.
Como sinalaba o Alcalde na súa intervención, o nivel de concienciación que temos nestes momentos na sociedade teñen que servir para que non se fagan aberracións como as que se fixeron na desembocadura do Lagares ou mesmo na Bouza. Neste senso, está previsto unha actuación de rexeneración da Xunqueira eliminando as pistas deportivas alí localizadas, así como intervir nos humidais existentes para conservalos nunhas condicións axeitadas para unha biodiversidade propia dunha cidade avanzada.
Algunhas instantáneas da luminosa xornada recóllense no ALBUM, podendo observar algunhas de seguido: