A sétima e derradeira etapa da Senda das Greas abordará o tramo Chan da Lagoa (A Groba) - Baiona. Neste percorrido de Camiño a Camiño, promovido pola Concellería de Medioambiente de Vigo, vaise arrancar na área recretativa de Chan da Lagoa, un lugar cun encanto particular, para proseguir cara ao mar polos bosques ata chegar preto do Faro de Cabo Silleiro e logo proseguir ata senda fluvial dos muíños de Baredo. Dado que no último tramo hai pasarelas de madeira cómpre levar calzado que non esbare e bastóns.
INSCRICIÓN (150 prazas por ruta)
- Dende luns 7 de novembro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda.
SENDA DAS GREAS. ETAPA 7: CHAN DA LABOA (A GROBA) - BAIONA
✔ Domingo 13 de novembro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (Achega 4 euros/2 euros menores AQUI -Sede electrónica ou en Concellería de Medio Ambiente 2º andar-; máis info na GUÍA)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:30 (aprox)
🏃 Percorrido: 9,1 km; pendente media 4% / -6,7%; pendente máxima 13,2% / -29,2%; desnivel 141m / -472m; dificultade media-baixa
👉 Recomendación: levar calzado de montaña para evitar esbarar e bastóns dada a forte pendente de baixada na parte final do percorrido.